Saltar ao contido

GO!GO!ZO!

Benvidos á nova web Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22

ImagenBlog

Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22 xa ten web! Desde Monte do Gozo, en Santiago dámosche toda a información sobre a variada oferta cultural gratuíta que organizamos para este verán. Temos todos os ingredientes necesarios para animar os meses de xullo, agosto e setembro a través de propostas artísticas, actividades e espectáculos, aptos para toda a familia. Esta iniciativa non sería posible sen o apoio da Xunta de Galicia nin de Estrela Galicia, os nosos principais patrocinadores.

Entre os principais obxectivos do noso proxecto atópase a firme aposta por converterse no gran escenario de talento galego e en lanzadeira para futuras promesas da música na comunidade. Dende bandas de referencia a grupos nóveles, en Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22 mostrarémosche o que se está cocendo en xéneros como Rock, Pop, Folk, Indie ou Electrónica, entre outros. Ademais, servirá como proposta complementaria á programación do Son  do  Camiño- Perseidas, un festival que terá lugar a escasos metros do noso recinto e que o converterá nunha especie de escenario alternativo.

Navega pola nosa web

Como poderás ver, a nosa web está formada por cinco apartados que che permitirán coñecer de primeira man este proxecto. No primeiro deles, O Festival, resumímosche a filosofía de  Go! Go! Zo! Xacobeo 21-22, así como as principais iniciativas que se levarán a cabo.

Na nosa segunda sección, Programación, mostrámosche a golpe de  clic o calendario de propostas organizados por meses. Notarás unha variación nas cores dependendo de a que tipo de iniciativa se corresponde. Así, os  DJs aparecerán en azul, mentres que os concertos distinguiranse pola cor negra. Finalmente, os espectáculos infantís distinguiranse coa cor rosa. Deste xeito, dunha forma moi visual, saberás que poderás atopar na programación de cada día. Se fas  clic nas imaxes ou os nomes de cada artista/espectáculo, accederás á información completa.

Por se che apetece vivir a experiencia  Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22 en modo  full- equip, ofrecémosche a posibilidade de adquirir algún dos nosos produtos, que atoparás na sección de  Merchand. Camisetas para adultos e nenos en dúas cores axudaranche a realizar a túa particular inmersión no noso festival.

Información de utilidade

E para que contes con toda a información práctica para chegar, permanecer e mesmo gozar de todas as vantaxes do recinto de Monte  do Gozo atoparalas en Servizos. Como chegar, onde aloxarte e comer, zonas verdes e mesmo lugares de esparexemento atópanse detallados nesta sección. 

Na sección de Actualidade, informarémoste sobre as últimas novidades do noso festival e sobre as propostas que iremos poñendo en marcha. Presta atención e non perdas detalle! E finalmente, deixámosche a sección de contacto para que poidas facernos chegar as túas preguntas ou propostas. Estaremos encantados de responderche!

Esperamos que che guste a nosa web tanto como a nós! Esperámosche en  Go! Go! Zo! Xacobeo 21-22!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *