O FESTIVAL
Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22 regresa coas pilas ben cargadas e con moitas gañas de facerche gozar do verán. A segunda edición deste festival conta de novo co apoio da Xunta de Galicia e de Estrella Galicia para o seu desenvolvemento e ofrecerá unha completa programación con medio cento de actividades entre os meses de xuño e setembro.
Temos moitas novidades no forno… Queres coñecelas todas? Velaquí un breve resumo dos diferentes tipos de propostas que te atoparás na segunda edición de Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22.
CERTAMES XENERASON
Desde Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22 seguimos apostando polo talento da terra. Para iso, organizamos dous concursos, que se desenvolverán nos meses de xullo e agosto.
CAMPAMENTOS FORMATIVOS
Continuamos a aposta polos talentos do futuro cunha variada oferta de campamentos formativos. Estes centraranse en tres temáticas diferentes:
Campamento de creación musical
Máis Mezcla
Terá lugar en xullo e poderás aprender como ser picadiscos e facer as túas propias sesións, sabendo todo o preciso sobre os programas e material a utilizar.
Campamento audiovisual
Delicias Amargas
Desenvolverase no mes de setembro e nesta formación comprenderás todos os pasos precisos para crear unha produción audiovisual, dende o guión á gravación.
Campamento de webcreación
do Camiño de Santiago
Tamén se celebrará no mes de setembro e porá á túa disposición os coñecementos necesarios para crear o teu webcomic e publicalo na rede.
GOZO STATION
Un ciclo dentro do festival que ofrecerá tres xornadas (23 de xuño, 15 de xullo e 27 de agosto) cheas de música e actividades culturais. En Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22 achegarémoste á cultura xamaicana a través delas. Artistas reggae de primeiro nivel cuxas actuacións se combinarán con outras propostas de interese dirixidas a todos os públicos.
SESIÓNS DJ
Os clásicos nunca morren e se hai algo que defina Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22 son os picadiscos. Ofreceremos preto 40 sesións que amenizarán as tardes e as noites dos meses de verán. Se queres coñecer aos artistas que nos acompañarán, consulta o noso calendario.
CATIVIDADES
Outra das propostas que non pode faltar en Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22 son as Catividades. Combinaremos dúas grandes festas de inchables acuáticos en xuño e en setembro coas tardes de actividades de lecer que se desenvolverán os mércores de xullo e agosto.
ACTIVIDADES ESPECIAIS
E como complemento a todas esas propostas contaremos durante estes meses de verán con actividades especiais como as seguintes:
- Macroactuacións de rock, folk e zumba
- Combos de A Casa do Rock, Rockschool A Coruña e Rockschool Paredes de Coura