CONEXIÓNS


A pé
Se ves desde Santiago, hai dous accesos ao recinto: a Rúa do Gozo e a Rúa das Estrelas. Se estás a percorrer o Camiño Francés, só terás que seguir as indicacións ata chegar ao recinto.
En coche
Se te desprazas en vehículo, chegarás ao recinto a tanto a través da N-634 como polo acceso desde a AP-9. Atoparás indicacións.
En autobús
Se te achegas desde o centro de Santiago, terás que utilizar as liñas 6 e 7 do autobús urbano. No primeiro caso, a parada sería San Marcos e, no segundo, a rotonda de Aríns. Desde alí terás que camiñar un pequeno tramo ata chegar ao noso recinto.
En datas especiais, como festivais e concertos, adóitase reforzar o servizo de transporte público con autobuses lanzadeira.
En avión
Se chegas ao aeroporto de Santiago e te queres desprazar ata o recinto, deberías tomar o autobús que enlaza este punto co centro da cidade. Deberás baixar na parada de San Marcos e, desde alí, a 7 minutos andando chegarás ás nosas instalacións.