Saltar ao contido

GO!GO!ZO!

O XeneraSon Camp pon o broche de ouro a súa primeira edición cun concerto no festival Go!Go!Zo!

Gogozo-Final XeneraSon Camp

O XeneraSon Camp, unha das grandes novidades do festival Go!Go!Zo! para o ano 2023, porá o broche de ouro a súa primeira edición cunha mini xira de concertos en Galicia e Portugal ofrecida polos participantes do campamento. Deste xeito, ademais dunha actuación en Paredes de Coura, localidade portuguesa na que se está a celebrar a actividade; a ruta incluirá unha parada no propio festival do Monte do Gozo o venres 21 de xullo a partir das 20.00 horas; seguida dun concerto no Complexo deportivo Dunas de Gaifar de Nigrán o sábado 22 ás 16.00 horas.

Durante a súa actuación en Go!Go!Zo!, os case corenta músicos noveis participantes no XeneraSon Camp farán unha demostración de todo o aprendido, cun concerto en formato big band no que tocarán, de xeito simultáneo, os temas preparados durante a súa estadía no campamento. Esta actuación terá lugar a partir das 22.00 horas no escenario do Monte do Gozo.

A programación para esta xornada inclúe, así mesmo, a actuación dos grupos QDL e ONDA DAGDA, de A Casa do Rock de Santiago de Compostela, ás 20.00 e 20.45 horas, respectivamente; e de Coisa Mansa, banda residente da Escola de Rock de Paredes de Coura, ás 21.30 horas.

Ao igual que a meirande parte da programación de Go!Go!Zo!, ás actuacións que se celebrarán como peche do XeneraSon Camp! serán de balde para todos os asistentes.

Programa de actuacións

  • 20.00 horas: QDL (A Casa do Rock)
  • 20.45 horas: ONDA DAGDA (A Casa do Rock)
  • 21.30 horas: Coisa Mansa (Banda residente da Escola do Rock de Paredes de Coura)
  • 22.15 horas: Concerto XeneraSon Camp! Escola do Rock de Paredes de Coura

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *