Saltar ao contido

GO!GO!ZO!

RESTAURANTE

Restaurante
restauracion

Que sería dun planazo cultural sen unha boa comida e bebida? En Go!Go!Zo! pensamos en todo! No propio recinto atoparás unha ampla cervexaría/restaurante. Tanto para almorzar como para comer ou picar algo, o Rural  Lunch é unha alternativa estupenda para recuperar forzas ou para collelas e gozar a lume de biqueira dos espectáculos culturais que o noso programa cultural te pode ofrecer.

Este restaurante dispón de varias especialidades na súa carta. Se prefires algo máis lixeiro, non te perdas as súas ensaladas. Para as persoas amantes da comida típica ofrécese a posibilidade de gozar de pratos como  raxo con patacas, croquetas caseiras, luras  rebozados e ata unha  tosta de polbo como queixo de Arzúa. Todo moi recomendable!

Se te achegas a algún dos espectáculos que se desenvolverán durante a fin de semana, aproveita para degustar o churrasco e o polbo á feira que se poñen ao dispor da clientela de venres a domingo ao mediodía. Goza do sabor puramente galego e prepárate para gozar dos espectáculos que che temos preparados!

Nas amplas instalacións de Rural Lunch poderás pedir tamén outro tipo de pratos de carácter internacional. Tres clases de pizzas -cunha variante vegana-, nachos con guacamole, cachorros quentes ou hamburguesas conforman gran parte das opcións que tes á túa disposición. Tamén inclúen na súa carta deliciosos bocadillos e sobremesas caseiros cos que che chuparás os dedos.

Propostas gastronómicas aptas para todos os gustos!