Saltar ao contido

GO!GO!ZO!

Location Negro
XENERASON CAMP

Sabemos o importante que é a formación. Por iso, desde Go!Go!Zo! queremos ofrecervos a posibilidade de participar nunha residencia formativa na Escola do Rock Paredes de Coura. Trátase dunha iniciativa inédita de colaboración transfronteiriza que permitirá formar aos talentos de Galicia nun centro de referencia do norte de Portugal.

Cando se desenvolverá?

Esta iniciativa desenvolverase na entre os días 16 e 22 de xullo e comprenderá unha semana de formación inmersiva na Escola do Rock Paredes de Coura. Permitirá que as mozas e mozos de Galicia con interese en formarse no eido musical nunha academia de primeiro nivel. As prazas son moi limitadas e permitiralles compartir formación con máis amantes da música do país veciño.

Cal sería o programa?

Felcha produccion musical  16 de xullo: comezo do curso ás 14.00 horas (hora portuguesa) na Escola do Rock Paredes de Coura

Felcha produccion musical  17 a 19 de xullo: sesións formativas e actividades complementarias

Felcha produccion musical  20 de xullo: concerto en Paredes de Coura

Felcha produccion musical  21 de xullo: concerto en Go!Go!Zo! e fin do XeneraSon Camp

Felcha produccion musical  22 de xullo: concerto en Praia América 

Como reservar praza?

As inscricións deberanse formalizarse a través desta ligazón, onde se procederá a realizar o pago correspondente por esta formación intensiva dunha semana. O prazo de inscrición comezará o 5 de xuño e realizarase a través dun formulario en liña. Consulta máis información neste documento

Canto custa?

Desde Go!Go!Zo! queremos facilitarche a túa formación e colaboramos no desenvolvemento desta iniciativa formativa que só terá un custo de 165 €. As persoas asistentes deberán desprazarse ata Paredes de Coura pola súa conta. O prezo inclúe o seguinte:

Felcha produccion musical  Traslados (durante o tempo da formación en Paredes de Coura e aos distintos concertos)

Felcha produccion musical  Aloxamento e manutención

Felcha produccion musical  Formación completa (sesións, formacións, ensaios, showcases, jam sessions, workshops e masterclasses, culminando cun concerto final)

Felcha produccion musical  Actividades complementarias (visitas a lugares de interese turístico da zona)

Queres vivir unha
experiencia formativa
diferente?
Non o dubides!
PEGATINAS CAMP
Non o dubides!