Saltar ao contido

GO!GO!ZO!

APARCADOIRO

Aparcadoiro
parking

O recinto no que se desenvolverán as propostas culturais de Go!Go!Zo! dispón dun amplo aparcamento. O complexo dispón de máis de 200 prazas de estacionamento gratuíto para turismos e de 32 para autobuses.

Trátase dun espazo cómodo e moi próximo á zona de escenario. Se vés en familia, contarás con facilidades á hora de levar un carriño de bebé ou de desprazarse cara á zona do escenario. As instalacións son accesibles!

Se reservaches entrada para o Son  do  Camiño e vas complementar a experiencia co noso festival, tamén podes achegarte ao recinto e deixar o coche no aparcamento. Lembra que tamén tes a posibilidade de pernoitar no albergue.

Para aquelas persoas que prefiren deixar o coche en casa, a recepción do albergue  Benvido Monte  do Gozo dispón dun servizo de vehículos  VTC. Unhas facilidades que están pensadas para que a túa experiencia en Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22 sexa o máis completa e satisfactoria posible.