Saltar ao contido

GO!GO!ZO!

Location Negro
RITMOS NO CAMINO

Na honra ao recinto no que se celebra o noso festival, e tendo en conta o 30 aniversario do primeiro Xacobeo, desde Go!Go!Zo! creamos a sección Ritmos no Camiño. Esta iniciativa ofrecerá unha homenaxe aos principais países estranxeiros de onde veñen maior número de peregrinos.

Así, en tres xoves e un mércores de agosto, o noso escenario encherase da música propia de países como Portugal, Italia, Alemaña e Estados Unidos. Deste xeito, queremos recoñecer o interese das persoas que realizan o Camiño cunha sesión de picadiscos que lles faga sentir coma na casa!

Estas serán as sesións das que poderás gozar os xoves de agosto:

Flecha El Festival 3 de agosto: sesión Portugal – DJ Daasanach

Flecha El Festival 9 de agosto: sesión Italia – Espiño

Flecha El Festival 17 de agosto: sesión Alemaña – DJ Pop Voyage

Flecha El Festival 24 de agosto: sesión EEUU – Rafa Morcego DJ

Non vale parar!
En Go!Go!Zo! temos espazo
para todo o mundo!