Saltar ao contido

GO!GO!ZO!

Este xoves presentamos a macroactuación e a xornada solidaria coas que pecharemos esta edición de Go!Go!Zo!

O Pazo de San Roque acollerá mañá, xoves 14 de setembro, ás 12.00 horas a presentación das iniciativas coas que pecharemos esta edición do festival Go!Go!Zo!

Despois de case catro meses de actividades culturais e de lecer no complexo do Monte do Gozo, é o momento de poñerlles o broche. Entre estas, estará a celebración dunha xornada solidaria a favor do Banco de Alimentos de Santiago, o domingo 17 de setembro, e a terceira edición da Macroactuación e os combos musicais, previstos para a fin de semana do 23 e 24.

O acto de presentación de ambas propostas contará coa participación do director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles; do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; do presidente do Banco de Alimentos de Santiago, José Pita; dun dos organizadores de Go!Go!Zo!, Julio Asorey, e dun dos fundadores da Escola A Casa do Rock de Santiago, Adrián Hernández.

Ademais, os integrantes de A Casa do Rock ofrecerán un adianto dun dos temas que se interpretarán na xornada da Macroactuación do 24 de setembro.

Non o perdades, estades todos convidados á nosa presentación e sobre todo, a pechar connosco esta terceira edición do festival Go!Go!Zo!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *