Saltar ao contido

GO!GO!ZO!

Location Negro

O Revenidas convoca un «All Star» da música infantil e artes escénicas en Go!Go!Zo! o domingo 16 de xullo

Cartel Revenidas Miúdo

O festival Revenidas segue a espallar as súas actividades polo conxunto da xeografía galega. Nesta ocasión, co gallo da celebración da primeira edición do Revenidas Miúdo, un auténtico «All Star» da música infantil e artes escénicas galegas, en colaboración coa Xunta de Galicia, Turismo de Galicia e Deleite, que terá lugar no marco programático do festival compostelán Go!Go!Zo! A entrada a esta completa xornada é de balde.

No apartado artístico o Revenidas Miúdo contará con cinco das propostas galegas máis destacadas no ámbito dos espectáculos dirixidos ao público familiar, como son Uxía Lambona e a Banda Molona, Peter Punk, Pakolas, Paco Nogueiras e Cé Orquestra Pantasma. Ademais destas actuacións, ao longo da xornada realizaranse diversos obradoiros, non faltarán os xogos populares e outras sorpresas.

O Revenidas Miúdo nace cun espírito de romaría diúrna de carácter familiar. Celebrarase o domingo 16 de xullo, entre as 12 e as 19 horas, e terá por escenario un espazo tan simbólico para o Xacobeo como é o complexo e albergue do Monte do Gozo. Un espazo que conta con instalacións hostaleiras e zonas de restauración así como piscinas públicas para o desfrute dos nenos e nenas e dos non tan nenos nin nenas.

Programa de actuacións

O Revenidas Miúdo contará con dous escenarios e outros tantos espazos específicos -un para bebés- e outro de xogos. Ofreceranse distinto tipo de actuacións durante toda a xornada que contarán con seguintes horarios:

Escenario Xacobeo Galicia

  • 13.10 horas. Uxía Lambona e a Banda Molona
  • 16.10 horas. Pakolas e Paula Romero
  • 18.30 horas. Paco Nogueiras

Escenario Deleite

  • 12.00 horas. Mago Paco
  • 14.50 horas. Peter Punk
  • 17.30 horas. Cé Orquestra Pantasma

Espazo Bebé

  • 12.00 horas. Obradoiros para bebés
  • 16.00 horas. Bea Campos
  • 18.00 horas. Cris de Caldas

Espazo Xogos

  • 16.00 horas. Xogos tradicionais

Un completo festival para gozar dunha xornada diferente coa cativada da casa. Agardámosvos en Go!Go!Zo!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *