Saltar ao contido

GO!GO!ZO!

GOZOJAM

Es músico/a e gustaríache actuar ante un público internacional? Préstache desatar a túa creatividade xunto con outros artistas? Se a resposta é si, Go!Zo!Jam está feito para ti!

En que consiste?

Go!Zo! Jam é unha nova sección do festival Go!Go!Zo! que pon de balde o escenario do festival á disposición de músicos para que participen en diferentes Jam Sessions. Terás a oportunidade de compartir espazo con outros artistas e crear sinerxías que poden derivar en futuras alianzas.

O público serán os centos de peregrinos que todos os anos se dan cita no recinto do Monte do Gozo. E o noso escenario, o lugar de encontro perfecto para creadores da industria musical galega.

Cando se desenvolverá?

As dúas primeiras fins de semana do mes de setembro (1, 2 e 3 e 8, 9 e 10 de setembro) entre as 21.00 e as 00.00 horas.

Como participar?

Para participar, só tes cubrir o seguinte formulario de inscrición, detallando o teu nome, o instrumento que tocas, un teléfono e un enderezo electrónico de contacto e a data na que poderías tocar. Esta data debe ser programada con, polo menos unha semana e media de antelación, por motivos de organización do festival. Consulta toda a información aquí.

Lembrámosche que este programa é totalmente gratuíto. Así que non hai escusas! Inscríbete xa!

FORMULARIO DE PARTICIPACIÓN