
Xornada de Irmandade Galego-Ucraína
Xornada de Irmandade Galego-Ucraína
Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22 celebrará o 18 de setembro unha xornada de cultura e solidariedade co principal obxectivo de achegar as culturas galego-ucraínas a través de actividades dirixidas a toda a familia. Recadaranse fondos para as persoas refuxiadas ucraínas en Santiago.
O programa da xornada, que será presentada polo xornalista Diego Viaño, é o seguinte:
- 12.00 horas: manifesto de presentación
- 12.30-14.00 horas: obradoiros de baile tradicional ucraíno e galego; de maquillaxe (body paint, pintacaras), e de xoguetes populares ucraínos
- 14.00-16.00 horas: xantar solidario, todos xuntos! (12 €/persoa – reservas no 881 255 386) e animación infantil con xogos tradicionais
- 16.00-16.45 horas: foliada a cargo de Os Dezas de Moneixas
- 16.45-17.15 horas: actuación de música e danza ucraína
- 17.15-18.30 horas: actuación de Recambios Tucho
- 18.30-20.00 horas: sesión de picadiscos de música ucraína-galega e animación
- 20.00 horas: actuación de Rockaína Band
Ademais, haberá un posto de artesanía no que se venderán produtos elaborados polas persoas refuxiadas ucraínas, para as que se destinarán os fondos desta iniciativa.