Saltar ao contido

GO!GO!ZO!

Logo Folk

Se pertencedes a unha agrupación de música e baile tradicional de Galicia, no XeneraSon Folk tendes o voso sitio! Participade neste certame co que Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22 procura poñer en valor o voso bo facer! Setembro será o mes escollido para esta cita coa tradición!

O periodo de inscrición está aberto e é totalmente de balde. Podes formalizar a túa inscrición aquí. Se queredes consultar as bases do concurso, só tendes que mirar esta ligazón.

Para este certame contamos co apoio da Xunta de Galicia e Estrella Galicia e a colaboración de CRTVG. Tanto se queredes subir ao noso escenario profesional como se preferides actuar a pé de campo, poremos á vosa disposición toda a nosa loxística para que poidades dar a mellor actuación posible.

Para valorar as vosas actuacións, o  concurso contará cun xurado composto por 3 persoeiros ligados ao folk e á música tradicional galega. Execución, dificultade e roupa serán algúns dos aspectos que se terán en conta á hora de valorar as actuacións. Así que prestade moita atención aos detalles! O veredicto do xurado será inapelable.

XeneraSon Folk desenvolverase en dúas fases:

Semifinais: terán lugar os días 10 de setembro. Cada agrupación será protagonista do escenario durante un máximo de 20 minutos (ou interpretando ata 4 temas)

Final: a gala ofrecerase o día 18 de setembro e contará coa participación de 6 agrupacións, que deberán interpretar pezas distintas ás da fase anterior

De ser unha das dúas agrupacións vencedoras, obteredes un premio en metálico. Ademais, ofrecerásevos a oportunidade de actuar nun prestixioso programa de televisión.

A que agardades? Participade no XeneraSon Folk e amosade o voso talento en Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22!