SEÑORA DJ
Raquel R. Soto é Señora DJ, galega residente en Vilagarcía de Arousa. Desde o seu debut nun escenario en 2016 coa primeira edición do Festivala, Señora Dj foi crecendo e cativando audiencias en festivais de renome en Galicia como o Atlantic Fest, Vive Nigrán, Festival da Luz, Portamérica… E salas como a Karma en Pontevedra, a Sonar en Santiago de Compostela e a Kominsky ou Radar en Vigo.
O seu estilo entrelaza diversos sons. As súas sesións poden iniciar con indie, explorar o pop e o urbano, para logo desatar a euforia con disco, techno e un toque de petardeo fino cando a ocasión requíreo. Sempre tendo en conta os seus raices incluíndo nas súas sesións a grupos como Grande Amore, Fillas de Cassandra, Baiuca, Hydn…
Tamén reivindica o papel da muller na música e a maior parte dos temas que pincha pertencen a mulleres.
O que distingue a Señora Dj é a súa capacidade para conectar co público. A súa presenza no escenario é pura electricidade, e a súa paixón e emoción pola música transmítese a todos os presentes.