
Rock School Coruña
Rock School Coruña
Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22 porá o broche final a tres meses de actividades cun festival de Combos das dúas escolas de música Rock School Coruña e A Casa do Rock.
Rock School Coruña é un centro de ensino de música moderna, no que ademais de poder desenvolver unha sólida formación no teu instrumento (guitarra, batería, baixo, teclado, voz ou ukelele), poderás preparar os exames oficiais de Rockschool Reino Unido e obter a túa titulación internacional.
Ademais, Rock School Coruña ofrece actividades grupais como combos, cursos infantís de iniciación á música, teoría musical, teatro musical para cativada e adultos, produción musical, etc. Convértese, así, nun espazo de encontro de músicos afeccionados e profesionais onde celebrar masterclasses, talleres e cursos intensivos.