Saltar ao contido

GO!GO!ZO!

Ritmos cubanos de raíz con Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22

Aínda non tes plan para os próximos domingos de agosto? Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22 poncho fácil. Se es dos que necesita mover os pés do sitio os días 15 e 22 de agosto tes unha cita que anotar no teu calendario.

Por Monte  do Gozo pasarán Habana Café Son cos seus ritmos de  chachachá, bolero ou  guaracha e ademais dúas exhibicións de baile: dunha man temos a Academia  Sondanza e da outra Ray Isaac- Colectivo DanzónGo!Go!Zo! Xacobeo 21-22 bríndache a oportunidade de vivir unha experiencia inigualable nos últimos domingos do verán galego.

Queres saber máis?

A banda sonora que pon sabor ao Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22

Os domingos 15 e 22 de agosto estarán amenizados por Habana Café Son en  Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22. Un trío musical formado por Willy  Mondeja (Tres Cubano),  Amaury Quintero (Percusión) e Juan Eugenio Pérez (Contrabaixo).

Se che gusta o sabor latino non podes perderte este grupo formado por músicos cubanos consagrados. O seu espectáculo basearase en xéneros como o son, o  chachachá, o bolero, a  guaracha ou o  danzón.

A súa traxectoria artística estivo influenciada por grandes compositores da música cubana como Compay Segundo, Enrique  Jorrín ou  Benny Moré. Así que se queres gozar de música tradicional cubana tes dúas oportunidades para divertirte.

A danza como protagonista dominical indiscutible

Para acompañar a Habana Café Son contaremos con dúas exhibicións de baile. O domingo 15 de agosto estará en  Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22 a santiaguesa Academia  Sondanza, expertos en conseguir que deixes a vergoña a un lado. Pisarán o escenario de  Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22 para encher o noso festival de danza.

Sondanza está dirixida por Raquel  Pombar, quen se encarga de impartir algunhas das clases. Polo que, se estás a buscar un lugar no que aprender a mover as cadeiras non podes perderte esta exhibición para comprobar se é o lugar que se adapta ao ritmo que necesita o teu corpo. 

Agarimo Guerra e Artur Lago completan o profesorado de  Sondanza que, tras anos de experiencia dedícanse ao ensino e a formar nesta disciplina do mundo do baile. A eles sumarase, a partir do próximo curso, Nadia Rilo para impartir clases de danza do ventre.

En  Sondanza non hai límites!

O domingo 22 de agosto a túa cita estará acompañada por outros mestres da danza. Ray Isaac, de orixe cubana, imparte clases de baile latino en Santiago de Compostela. As súas especialidades son a salsa cubana, a  bachata e o merengue, entre outras.

O seu grupo de alumnos de Colectivo Danzón acudirán con el a  Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22 para realizar unha exhibición ao son dos ritmos de raíz de Habana Café Son. Se che gusta ver bailar aos profesionais e afeccionados, sen dúbida, este será un deses casos nos que sentirás verdadeira envexa.

Se queres unha tarde diferente chea de sons exuberantes con moito sabor non podes perderte os plans que en  Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22 preparamos para deleitarte este mes.

Fai que os domingos sexan menos domingos cos ritmos máis pegadizos do momento. Na nosa web podes consultar a programación dos demais concertos, así que, agora si que, se non tes plans, a que esperas?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *