Saltar ao contido

GO!GO!ZO!

RafaMorcegoDJ

Recurso 31 Rafa MORCEGO DJ

Recurso 34

Go!Go!Zo! contará de novo con Rafa Morcego DJ para amenizar o noso festival coa súa variedade musical o sábado 10 de agosto. A súa sesión inclúese dentro do ciclo Ritmos do Camiño e centrarase na música dos Estados Unidos.

Este artista é da casa, pois vive en Santiago de Compostela e con el saltaremos ao ritmo de diferentes estilos musicais: Surf, garage, soul, jazz, blues, R&B, funk, beat, psychedelia, rockabilly, punk, ska, grung, new age, pop, disco e, sobre todo, para que gocen os fanáticos do Rock & Roll. Os seus comezos remóntanse ao ano 1988 no pub Resaka, pasando despois a ser tocadiscos de distintos lugares como o pub Tamboura, discoteca Ruta 66, Pub Modus Vivendi, Pub Momo e incluso amenizou as noites de salas como Capitol ou Riquela.

Rafa Morcego DJ percorreu eventos moi variados, onde puido ocupar grandes escenarios como o do Festival de la Luz, o Festival de Cans, o Festival do Norte, os Atardeceres no Gaiás, o Ciclo Xacobeo da mocidade ou o Festival de Valarés, entre outros.
Un picadiscos cunha traxectoria diferente e que, de seguro, recoñeces de ver nos cartaces de grandes festivais galegos. 

Como non podía ser doutro xeito, en Go!Go!Zo! contaremos con él para gozar de distintos estilos musicais nunha sesión do máis variada e cun marcado carácter norteamericano.