Saltar ao contido

GO!GO!ZO!

rafa morcego

Rafa Morcego DJ

Rafa morcego DJ

Go!Go!Zo! contará con Rafa Morcego DJ para amenizar o festival coa súa variedade musical o xoves 24 de agosto. Participará no ciclo Ritmos no Camiño cunha sesión dedicada á música dos Estados Unidos.

Este artista é da casa, pois vive en Santiago de Compostela e con el brincaremos ó ritmo de diferentes estilos musicais: Surf, garage, soul, jazz, blues, R&B, funk, beat, psychedelia, rockabilly, punk, ska, grung, new age, pop, disco e sobre todo, para que desfruten os fanáticos do rock & roll. Os seus comezos remóntanse ao ano 1988 no pub Resaka, pasando despois a ser tocadiscos de distintos lugares coma o pub Tamboura, discoteca Ruta 66, Pub Modus Vivendi, Pub Momo e incluso amenizou as noites  de salas como a Capitol ou a Sala Riquela.

Rafa Morcego DJ percorreu eventos moi variados, onde puido ocupar grandes escenarios coma o do Festival da Luz, o Festival de Cans, o Festival do Norte, o Atardecer no Gaiás, o Ciclo Xacobeo da mocidade ou o Festival de Valarés, entre outros. 

Un DJ cunha traxectoria diferente, e que seguro que recoñeces de velo nos carteis de grandes festivais galegos. Como non podía ser doutro xeito, en Go!Go!Zo! contaremos con el para gozar de distintos estilos musicais nunha sesión do máis variada.

RaveTime
DJSessions