Se non tes plans de lecer gratuítos para os máis pequenos para este verán, en Go! Go! Zo! Xacobeo 21-22 tes a solución. Este festival conta cunha programación exclusivamente dirixida aos nenos e nenas de entre 3 e 14 anos. As propostas inclúen xogos tradicionais, concertos, ciencia, fotografía, música, danza, contacontos, inchables ou festa da escuma, entre outras.
As actividades desenvolveranse todos os martes e xoves entre os días 5 de agosto e 9 de setembro. Durante o primeiro mes o horario será de 18.00 a 21.00 horas e no seguinte, entre 17.00 e 20.00 horas. As prazas asignaranse por orde de chegada e os asistentes distribuiranse en grupos máximos de 15 participantes. Cada grupo contará co seu propio profesional de monitoraxe. Ademais, velarase en todo momento polo adecuado cumprimento da normativa actual en materia de seguridade e prevención contra a expansión da COVID-19.
As actividades propostas durante as próximas semanas son as seguintes:
– 5 de agosto: Aventura en Monte do Gozo: procura do tesouro secreto
– 10 de agosto: Concerto de Dani Barreiro & Friends Kids (20.00 horas)
– 12 de agosto: Concerto de Dani Barreiro & Friends Kids (20.00 horas)
– 17 de agosto: Día de inchables e xogos predeportivos
– 19 de agosto: Clowns e malabares (talleres e actividades)
– 24 de agosto: Gymkana fotográfica e auga
– 26 de agosto: Roteiro de sendeirismo e ambiental
– 2 de setembro: Música, danza e karaoke infantil
– 7 de setembro: Festa da escuma, pasapalabra con auga e xogos de auga
– 9 de setembro: Contacontos e inchables
Unha ampla oferta que che axudará a crear plans en familia para as tardes deste verán. Ademais, mentres os pequenos gozan, ti poderás relaxarche nas instalacións de Monte do Gozo tomando algo ou gozando dun agradable paseo polas súas amplas zonas verdes.
No festival Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22 hai plans para todas as idades e gustos!