Os Camiños das músicas galegas
Os Camiños das músicas galegas
O programa ‘Os Camiños das músicas galegas’ finaliza o domingo 10 de xullo a súa andaina por Galicia no Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22. A cita terá lugar no complexo de Monte do Gozo a partir das 18.30 horas.
O xornalista musical Carlos Crespo (cunha experiencia de máis de 20 anos na difusión da
cultura dende diversos medios de comunicación) ofrecerá unha “sesión didáctica” de
aproximadamente 90 minutos na que percorrerá a historia da música galega desde os pioneiros ata o día de hoxe, incluindo todos os xéneros: pop, rock, folk, canción de autor, hip
hop, tradicional, electrónica, blues…
A sesión combina a selección musical con comentarios que subliñan os datos fundamentais
para que os asistentes poidan disfrutar e entender cada época e os fitos musicais máis destacados que teñan acontecido nelas, con especial atención a estas últimas décadas.
Bautizada como ‘Os Camiños das Músicas Galegas’, esta sesión lévase realizando en en directo nas prazas de vilas que coinciden con habituais finais de etapa dos Camiños. Aproveitando normalmente ese intre baleiro que os peregrinos teñen cada xornada en torno as 18/19 horas. A proposta rematará cunha pinchada de media hora de música en galego en modo festa para que a xente poida bailar.
Non o dubides! Achégate a desfrutar da música galega en Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22!