Saltar ao contido

GO!GO!ZO!

Músculo! Dj Set

Músculo! DJ Set

Músculo! DJ Set

Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22 terá sobre o seu escenario o DJ Set de Músculo! o vindeiro 19 de xuño. Música electrónica bailable, sen deixar a experimentación de lado, incorporando as máis novas tendencias sen complexos e sen medo a explorar novos sons será o que te encontrarás nesta sesión desta banda jägermeister.

Esta agrupación está formada por Álvaro Blanco, Raúl Santiago, Javier Buela e Nicolás Nieto, que sumaron o seu talento ­-procedían de diferentes grupos- no 2012 para crear unha proposta diferente. Dentro do seu amplo repertorio contan con dúas vertentes: a actuación en grupo ou o DJ Set. Este último será o que poderás ver no noso festival e correrá a cargo de Álvaro Blanco e Raúl Santiago.

Como grupo, a súa aposta pola mestura de instrumentos analóxicos con elementos electrónicos na procura de novas texturas e estilos foi a que os levou a gañar no 2020 o premio Martín Códax da Música na categoría de electrónica. Tamén foron finalistas deste mesmo certame no 2019 e recibiron unha nominación ao mellor videoclip no festival de Cans polo seu traballo What we left behind.

O seu primeiro disco publicouse en febreiro do 2018 da man do produtor Hans Krugër. Composto por 7 temas, este LP amosa a evolución do grupo cara a música electrónica máis en tendencia. Na actualidade, están a traballar no que será o seu segundo traballo.

Cun directo contundente e sen fisuras, Músculo! pisou moitos dos festivais máis prestixiosos de España e Portugal. Entre eles, o BBKLive ou ou BIME (Bilbao), MonkeyWeek (Puerto de Santa María), Low Festival (Benidorm) , Atlantic Fest (Illa de Arousa) ,Lets Festival (Barcelona), Festival do Norte (Vilagarcía de Arousa), Sereas e Piratas (Carballo, A Coruña), Kutxa Kultur (Donosti), Wos Festival (Santiago de Compostela), Festival Termómetro (Portugal) o el Walk and Dance Festival (Portugal) entre outros. Así mesmo, pasaron polas salas máis importantes como Kafé Antzokia (Bilbao), Sala Capitol (Santiago de Compostela), Razzmatazz (Barcelona), Matadero (Madrid), Teatro Aveirense (Aveiro, Portugal) o el Cinema São Jorge (Lisboa, Portugal).

Non te perdas esta innovadora proposta musical!