MOURA
MOURA
Outro dos concertos de Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22 que causará gran expectación será o de Moura. A cita terá lugar o 27 de agosto.
Nacida en A Coruña, esta banda toma o seu nome deses ecos da Galicia mítica prerromana… megálitos en visión calidoscópica, guitarras como arpas de bardos e pes bailando no último acantilado do planeta. O seu estilo varía entre o rock psicodélico, o rock progresivo, o folk tradicional e as letras galegas.
Os seus integrantes procedían doutros grupos -Lüger, Guerrera, Saharah, Fogbound, Holywater, Samarúas e Luar na Lubre- e decidiron unirse para crear un proxecto en común. A banda está composta por Diego Veiga (guitarra e voces); Hugo Santeiro (guitarra); Pedro Alberto (baixo); Fernando Vilaboy (Hammond, sintetizadores); Luís Casanova (batería); Miguel Vázquez (percusión tradicional, saxofón), e Belém Tajes (voces e percusión).
O seu primeiro disco, Moura, foi editado o 1 de abril de 2020 en vinilo, CD e casette por Sprinda Records. Moura invita a todas as persoas a formar parte da súa particular aquelarre, a disolverse na súa néboa de psicodelia progresiva con raíz folk e mitoloxía galaica, empregando a lingua galega como voz ritual comunal que persegue o trance colectivo. Unha experiencia única que flúe das fontes da terra inmortal dos nosos devanceiros, da ás dos bufos e dos mortos que vagan polos montes…