
Masterclass de Zumba
Masterclass de Zumba
O deporte tamén ten o seu espazo en Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22. Da man da Escola Pasito de Baile ofrecémosche dúas xornadas, o 25 de xuño e o 3 de setembro, cheas de diversión.
Ambas as dúas terán como actividade común unha Masterclass de Zumba, que na primeira edición do festival obtivo unha excelente acollida. Nesta ocasión, acompañarán a Ana Martínez (da Escola Pasito de Baile de Santiago) os seguintes monitores e monitoras de zumba:
- Eva del Río (Santiago)
- Fran Mourelos (O Grove)
- Priscila Dance (A Estrada)
- Luís González (Noia)
- Begoña López (Lalín)
- Bruno Hermida (Pontecaldelas)
Na primeira xornada, ademais, a Escola Pasito de Baile ofrecerá unha exhibición ás 17.30 horas na que amosará todo o que o seu alumnado aprendeu durante este curso.
Vén gozar do deporte a Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22.