
Masterclass de Zumba
Masterclass de zumba
e exhibición da escola pasito de baile
O deporte segue a ter o seu espazo en Go!Go!Zo! A programación deste verán inclúe dúas sesións de Zumba para toda a familia.
Será o 2 de setembro, ás 19:00 horas, cando che ofreceremos unha xornada chea de diversión ca Masterclass de Zumba, que tan boa acollida ten no noso festival. Nesta ocasión, acompañarán a Ana Martínez (da Escola Pasito de Baile de Santiago) os seguintes monitores e monitoras de zumba:
- Fran Mourelos (O Grove)
- Begoña López (Lalín)
- José Luis Yagüe (Coruña)
- Luis González (Noia)
- Eva Del Río (Santiago)
- Bruno Hermida (Pontecaldelas)
E todo isto de balde!
