Saltar ao contido

GO!GO!ZO!

HABANA CAFÉ SON

HABANA CAFÉ SON

Os ritmos de raíz regresan a Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22 da man de Habana Café Son, un trío de música tradicional cubana que amenizará a tarde do venres 1 de xullo.

Willy Mondeja (Tres Cubano), Amaury Quintero (Percusión) e Juan Eugenio Pérez (Contrabaixo) compoñen este animado trío experto en poñer todo o sabor latino ás súas actuacións. Este grupo de músicos cubanos consagrados conta cunha gran traxectoria artística, que aposta pola música tradicional cubana e fusión. Así, rescatan xéneros tan populares como o son, chachachá, bolero, guaracha o danzón, entre outros.

No seu repertorio refléxase a influencia de grandes compositores da música cubana como Compay Segundo, Enrique Jorrín ou Benny Moré. Os seus ritmos e alegría fan sempre que o público se anime a mover as cadeiras ó son da súa música.