Saltar ao contido

GO!GO!ZO!

GoZo Station

GoZo Station

Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22 conta cunha sección que che levará ao agromar da cultura xamaicana a través do Soundsystem, sistema de son orixinal co que naceu esta tendencia nos anos 50. Este programa, desenvolvido en colaboración con Mifuvi Son e U.D.O.G. (United Dub Of Galiza), pretende achegar ao público á cultura xamaicana, cada vez máis estendida por Europa e que usa a música como ferramenta para difundir a súa mensaxe de respecto e unidade.

GoZo Station desenvolverase durante 3 xornadas: os días 23 de xuño, 15 de xullo e 27 de agosto. Aínda que con propostas diferentes, todas elas contarán con dous elementos comúns: grandes artistas reggae e dub, ademais de dous dos mellores equipos artesanais de son reggae da escena europea. Todo desenvolvido nun mesmo recinto no que tamén se ofrecerán outras actividades culturais complementarias e dirixidas a todo tipo de públicos.

Nesta primeira xornada participarán:

U.D.O.G./Mifuvi Son

Colectivo creado en 2018 por 3 selectores de música en vinilo coa fin de promover a cultura reggae en Galicia. O grupo profesionalizouse baixo nome de Mifuvi Son, adquirindo un equipo profesional con produtos Stravens Acoustics e powersoft, garantindo unha alta calidade e presión sonora.

Mexican Stepper

Yasser Serrano é o produtor de Dub mexicano máis coñecido a nivel internacional. Participou en festivais de primeiro nivel como o International Dub Gathering, TawaiDub Fest ou Reggae SunSka, ademais de realizar presentacións do seu traballo en países como Brasil, Francia ou España. A súa actuación en GoZo Station forma parte da xira europea que o artista mexicano vén de iniciar neste 2022, con shows especiais xunto co trompetista The Navigator.

The Navigator

Produtor e trompetista italiano, traballou no mundo do Dub con BlackStar Liner Sound, Treble de Sud Soundsystem ou The Dangeroots, estando detrás do rework da clásica melodía Further con Idren Natural. Actuou en países como Reino Unido, Francia e Italia. Acompañará no directo a Mexican Stepper.

Stepwizer

Caracterizado polo seu Dub ao estilo británico, este selector e productor lanzou, a través do seu selo Stepwizer Music, varias gravacións, en vinilo, polivinilo e dixital. Prepárate para gozar dunha caixa ben cargada de dubplates e temas exclusivos para un DJ set en estilo sound system!

X