Nesta edición o deporte será un gran protagonista! Se che gusta o baloncesto, tés unha cita obrigada no noso festival na fin de semana do 7 e 8 de setembro co Go!Go!Zo! 3×3 FGB. Este campionato, desenvolvido en colaboración coa Federación Galega de Baloncesto, ofrecerá en horario ininterrompido de 09.30 a 21.15 horas preto de medio cento de partidos durante as dúas xornadas.
A praza do Monte do Gozo acollerá cunha pista 3×3 oficial da FGB habilitada para a ocasión. Ademais, contaremos coa participación de Javi Masaguer, speaker do Obradoiro CAB e picadiscos, que fará de condutor destas dúas xornadas deportivas e de lecer.
Que categorías inclúe o Campionato?
O Go!Go!Zo! 3×3 FGB está dirixido a categorías desde Premini a Sénior, e a equipos tanto masculinos como feminimos ou mixtos. O límite de equipos por categoría está fixado en 8 (dous grupos de 4).
Ademais, non fai falta ter licencia federada para participar nesta cita! Cantos máis sexamos, mellor!
Como podes participar?
Moi sinxelo! Tan só tes que remitir a túa solicitude á FGB a través do formulario da súa web ou enviando un correo electrónico a 3×3@fegaba.com.
A inscrición e participación é de balde!
E ademais…