ZONAS VERDES

Zonas verdes
zonasverdes

O complexo de Monte do Gozo conta con amplas zonas verdes onde poder descansar. Dispós de ata 65 hectáreas de terreo para relaxarche, gozar da natureza e dunhas fermosas panorámicas de Santiago.

Un dos puntos imprescindibles é, sen dúbida, a estatua dos peregrinos. Trátase dun monumento que evoca ese momento de emoción dos peregrinos ao ver desde Monte do Gozo as torres da Catedral. Este punto é a última parada nos Camiños Francés, Primitivo, Norte e a Vía de Prata que unen os seus itinerarios neste lugar. Ademais, esta estatua tamén conmemora a peregrinación do Papa Xoán Paulo II a Compostela. Este monumento é un dos máis fotografados polos peregrinos e, se queres cumprir coa tradición, non podes marcharche sen facerche un selfie aquí.