Foto de Saya

Saya DJ

Saya DJ

Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22 nutrirá os seus solpores coas sesións de Saya DJ que terán lugar o 22 de xullo e o 3 de setembro. Orixinalmente Saya Mohamed Matar/سجى, sitúase no panorama musical actual galego como unha DJ multigénero que se nutre das súas raíces e bebe de diversas vertentes tanto culturais como artísticas. As sesións DJ de Saya están totalmente marcadas por “músicas del mundo”, repletas de xéneros tales como afrobeats, afropop, afrohouse e afrotrap, dabke árabe, funk brasileño, reggaeton, kuduro, gqom, amapiano, etc.

A música sempre estivo presente na súa vida desde os 6 anos, cando empezou unha colección de cassettes de pop dos anos 80 e 90 e influenciada tamén pola música árabe que escoitaban o seu tío e o seu padre, ambos os dous de orixe palestino. Foi aos 22 anos cando puido canalizar todo ese coñecemento musical e transformalo en sesións DJ.

No ano 2012 comezaría, así, a súa andaina polo mundo DJ, empezando pola súa residencia DJ no lendario LaRadio Pub en Santiago. Esta residencia estenderíase ata 2014, ano no que debuta por primeira vez nun festival, o Festival das Brétemas de Ponteareas.

Desde 2017 ata a actualidade, Saya pasou por diversos pubs coas súas sesións DJ: A Medusa Pub, Bar Embora, Besbello Bar Cultural e Modus Vivendi. Tamén por varios eventos coñecidos en Santiago: Mercado da Estrela (2019 e 2020), Bombo a Negras (Black Club), La Sra Está Muerta (Bar Transi e Sala Malatesta) e as TardiNHas no Hotel NH Collection Santiago. Ademais, participou en eventos en distintos centros sociais como o CSA do Sar e o CSA Aturuxo das Marías.

Co parón derivado de la pandemia, Saya Mohamed decidiu profesionalizarse e comezar a estudar o Ciclo de Vídeo DJ e son no I.E.S Xelmírez I. Estudos que compaxina nutríndose de música variada cada día e formándose tamén como produtora musical.