ray colectivo danzon

Ray Isaac - Colectivo Danzón

Ray Isaac - Colectivo Danzón

A segunda das exhibicións de baile en Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22 correrá a cargo de Ray IsaacColectivo Danzón. Terá lugar o 22 de agosto.

De orixe cubano, Ray Isaac é un dos profesores de referencia en Santiago e a súa área metropolitana no que a clases de baile latino se refire. Salsa cubana, bachata ou merengue son algunhas das disciplinas que Ray Isaac imparte en distintos locais da capital galega e comarca. Un dos espazos de referencia onde imparte talleres é a Casa Rural Yoruba (Ames). Tamén participou impartindo talleres en diversos certames e eventos especializados en baile, como o Xacobailo, celebrado a principios de marzo do ano pasado en Compostela e que congregou a grandes figuras de distinto tipo de disciplinas -SBK entre elas-.

Ray Isaac acudirá a Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22 acompañado por un grupo de alumnos que acoden ás súas clases no Colectivo Danzón. Realizarán unha pequena exhibición ó son dos ritmos da raíz de Habana Café Son. Seguro que máis dunha persoa se animará a seguir os pasos marcados polo bailarín e o seu grupo.