foto rapariga

RAPARIGA DJ

RAPARIGA DJ

Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22 contará coa presenza de Cristina Pontanilla -máis coñecida pola súa alter ego, Rapariga DJ. A artista nace en Ourense no ano 83, pero actualmente reside na Coruña. A súa incursión no mundo da música realizouna durante a súa época de estudante de Belas Artes. Animouse a probar como residente dos sábados nunha pequena sala en Pontevedra, repasando clásicos desde o soul, rock, punk… e finalizando con música disco e electro.

Desde entón, continuou a súa carreira buscando o seu lugar e, aos poucos anos, decidiu adoptar o sobrenome de Rapariga  DJ. Durante a súa traxectoria musical, picou en diferentes salas e eventos en distintos puntos de Galicia, especialmente en cidades como Vigo, Santiago, A Coruña, Lugo ou Ourense. Participou, ademais, en festivais como Morrasound, Comarea, Ribeira Sacra  Festival ou Carballo Interplay, entre outros.

Rapariga DJ chega agora a  Go! Go! Zo! Xacobeo 21-22. Será a encargada de estrear o escenario desta cita cultural en Monte do Gozo o 14 de xullo. Ademais, ofrecerá outra sesión o 1 de agosto.