rafa morcego

Rafa Morcego DJ

Rafa Morcego DJ

Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22 contará con Rafa Morcego para amenizar o festival ca súa variedade musical o 20 de agosto. Este artista é da casa, pois vive en Santiago de Compostela e con el brincaremos ó ritmo de diferentes estilos musicais: Surf, garage, soul, jazz, blues, R&B, funk, beat, psychedelia, rockabilly, punk, ska, grung, new age, pop, disco e sobre todo, para que desfruten os fanáticos do rock & roll.

Os seus comezos remóntanse ao ano 1988 no pub Resaka, pasando despois a ser tocadiscos de distintos lugares coma o pub Tamboura, discoteca Ruta 66, Pub Modus Vivendi, Pub Momo e incluso amenizou as noites  de salas como a Capitol ou a Sala Riquela.

Rafa Morcego DJ percorreu eventos moi variados, onde puido ocupar grandes escenarios coma o do Festival da Luz, o Festival de Cans, o Festival do Norte, o Atardecer no Gaiás, o Ciclo Xacobeo da mocidade ou o Festival de Valarés, entre outros. 

Un DJ cunha traxectoria diferente, e que seguro que recoñeces de velo nos carteis de grandes festivais galegos. Como non podía ser doutro xeito, en Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22 contaremos con el para gozar de distintos estilos musicais nunha sesión do máis variada.