PISCINAS

Pisicnas
piscinas

Moi preto do recinto onde se desenvolverá  Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22 atoparás espazos de esparexemento. Se che apetece dar un mergullo, recomendámosche as piscinas exteriores que ocupan o espazo dun antigo lago artificial.

A superficie total destas instalacións é de máis de 5.000 metros cadrados. Dispón de tres áreas de baño -tanto para adultos como para nenos- e contan con espazos habilitados para solárium e amplas zonas verdes. A máis grande das tres piscinas ten 239 metros cadrados e está conectada coas outras dúas -para público infantil e un pediluvio- por pasarelas de pedra.

As piscinas estarán abertas durante os meses de xullo e agosto. As instalacións dispoñen tamén de zona de vestiarios, aseos e servizo de socorrismo. A entrada ten un custo de 3 euros para adultos e de 1,5 euros para menores de entre 3 e 6 anos.