O FESTIVAL

Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22 ofrece unha completa programación cultural deseñada para que toda a familia poida gozar de actuacións musicais, sesións DJ ou espectáculos para nenos. Trátase dunha alternativa de lecer e situada nunha ampla contorna natural, de fácil acceso rodado e cun espazoso aparcamento, pero con transporte público a tiro de pedra e a un paso camiñando (quizais dous) do centro de Santiago de Compostela.  Go! Go! Zo! Xacobeo 21-22 desenvolverase no Monte do Gozo, e chega non só para ampliar a oferta de lecer da que xa gozamos en Galicia senón que será tamén un fervedoiro de talento galego.

Haberá música en directo de bandas consagradas, pero tamén daquelas que queren dar os seus primeiros pasos na industria. Actividades infantís polas tardes e DJs polas noites enriquecen tamén un programa que complementa a programación do Son do Camiño- Perseidas, un festival que terá lugar a escasos metros e do que Go!Go!Zo! será unha especie de escenario alternativo a esta cita.

O festival Go! Go! Zo! Xacobeo 21-22 actuará tamén como lanzadeira tanto para grupos como para escolas ou asociacións culturais. As propostas desenvolveranse entre os días 14 de xullo e 12 de setembro e farán que este espazo a medio camiño entre unha contorna urbana e unha paraxe natural convértase nun plan ideal para os días de verán.

Fronte ao noso escenario principal, unha polbeira. Á súa dereita, locais nos que tomar un xeado. Á súa esquerda, restauración con terrazas. E 100 metros máis atrás, piscinas de acceso público para nenos e maiores. Que máis precisas para o teu plan de verán?

Non é só un festival. Non é só un viveiro de artistas. Non é só música en directo. Non é só teatro. Non é só lecer e gastronomía. É moito máis. É Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22.

Icono atencion El festival

Dada a situación sanitaria actual, tomaranse todas as medidas de prevención contra a Covid-19 pertinentes co fin de garantir a seguridade das persoas asistentes. Ao tratarse de actividades en exterior, a máscara non resultará obrigatoria, aínda que se deberá respectar a distancia interpersoal e deberase levar a cabo a pertinente limpeza de mans. O aforo estará limitado de acordo coa normativa sanitaria vixente.

Apoio institucional e privado
Para o desenvolvemento deste programa, contamos co apoio de Xacobeo 21-22, Xunta de Galicia e Estrella Galicia. Grazas por confiar neste proxecto.

EG Especial logo simplificado
Logo Xunta