O festival Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22, a alternativa cultural e de lecer para este verán

CartelFestivalGoGoZoXacobeo2122

Monte  do Gozo converterase este verán no lugar de referencia cultural e de lecer a través do festival  Go! Go! Zo! Xacobeo 21-22. A súa completa programación cultural desenvolverase desde este mércores 14 de xullo ata o próximo 12 de setembro.

Queres saber cales son as bases das propostas? Desde a organización dinnos que “Go! Go! Zo! Xacobeo 21-22 ofrecerá durante os meses de verán unha completa programación cultural deseñada para todas as idades e gustos. Contaremos cunha media de entre 3 e 4 actividades por semana, en horarios tanto de tarde como de noite”. Como xa comprobarías no noso calendario, o programa divídese en tres temáticas: sesións  DJ (en cor azul), música en directo (en amarelo) e actividades infantís (en rosa).

Pero aínda hai máis. Un dos principais obxectivos deste festival pasa non só para ampliar a oferta de lecer da que xa gozamos en Galicia, senón tamén por ser un fervedoiro de talento galego. Concertos de bandas consagradas -como Vos Amigos dos Músicos e Alberto Montero– e de artistas -como Mounqup e Moura– combinaranse coas novas promesas que buscan facerse un oco na industria musical galega. Así,  Go! Go! Zo! Xacobeo 21-22 actuará tamén como lanzadeira tanto para grupos como para escolas ou asociacións culturais.

Primeiras sesións  DJ

Os atardeceres tamén contarán coa presenza de reputados picadiscos que deleitarán ás persoas asistentes coas súas mesturas de ritmos.  Rapariga  DJ será a encargada de estrear o calendario de propostas culturais e de lecer en Monte  do Gozo o 14 de xullo ás 17.00 horas, estendéndose a súa sesión ata as 20.00 horas. Continuará esta primeira semana con outras sesións  DJ a cargo de  A Gramola (xoves 15 e sábado 17, no mesmo horario) e  DJ  Schulz (venres 16 de xullo, de 16.00 a 19.00 horas), que coinciden coa celebración das primeiras actuacións de Son  do  Camiño-Perseidas.

Estas sesións musicais conformarán, como nos explican desde a organización, “o complemento perfecto para aquelas persoas que vaian asistir aos concertos de Son  do  Camiño- Perseidas. O noso festival será unha especie de escenario alternativo co que completar a experiencia en Monte  do Gozo”.

Programa completo

Tras as sesións  Djs desta semana, as propostas de  Go! Go! Zo! Xacobeo 21-22 continuarán o martes 20 de xullo cos Combos da Casa  do Rock, que se ofrecerán novamente o martes 27. Alumnado e profesorado deste centro mostrarán o potencial artístico das futuras bandas da industria.

O xoves 22 de xullo, nova sesión  Dj con  Saya Mohamed (de 18.00 a 21.00 horas) e o sábado 24, con  DJ  Schulz (entre as 17.00 e as 20.00 horas), que repetirá os días 29 e 30, tamén no mesmo horario.  Rapariga  DJ estreará tamén o calendario do mes de agosto cunha sesión o domingo 1 entre as 18.00 e as 21.00 horas.  Abelvision  DJ e A Gramola  DJ amenizarán o sábado 7 e o domingo 8 de agosto de 17.00 a 20.00 horas.

As actividades infantís serán tamén protagonistas no mes de agosto da man de  A Gramola  Kids, que terán lugar os días 5, 17, 19, 24 e 26 de agosto en horario de tarde. As propostas para os máis pequenos continuarán os días 2, 7 e 9 de setembro. Tamén se complementarán cos concertos de Dani Barreiro &  Friends  Kids (10 e 12 de agosto).

Música en directo

Os concertos serán outro dos pratos fortes de agosto. No cartel estarán presentes grupos como Os Amigos dos músicosAllova (13 de agosto); Habana Café Son (días 15 e 22, co complemento das exhibicións da Academia  Sondanza e Ray Isaac Colectivo Danzón, respectivamente); Oh!  Ayatollah! (20 de agosto, que compartirá cartel con  DJ Rafa  Morcego); Alberto Montero (o 21 de agosto, que se complementará con  DJ Pop  Voyage) e Moura (27 de agosto).

Para o 3 setembro se reserva a actuación de  Mounqup, que se complementará coa sesión  DJ de  Saya Mohamed. Un completo calendario cultural para facer do verán unha experiencia inesquecible.

Xa sabes que podes consultar toda a información actualizada nesta web www.gogozo.gal e nosos os perfís en redes sociais (Facebook, Instagram e Twitter).  Go! Go! Zo! Xacobeo 21-22 conta co apoio da Xunta de Galicia e de Estrela Galicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *