Mounqup

Monquop

Monquop

Os ritmos de música jazz, electrónica e folk chegarán a Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22 da mande Monquop, alter ego de Camille Hèdoin. A súa actuación terá lugar o 3 de setembro.

Nacida en Rouen (Francia) con orixes francoitalianos ecostamarfileños pero galega de adopción, esta artesá do son leva dende os 15 anos participando ca súa voz en distintas bandas. Foi en Galicia onde comezou a xogar con loops e samplers, creando composicións que funcionan como un collage de texturas, formas e cores e que teñen como resultado a paisaxe sonora de Mounquop, o seu proxecto artístico.

Compón na absoluta soidade da súa casa no medio do rural ourensán dende fai case 10 anos onde foi nai e vive ca súa familia. É a impulsora da recuperación da aldea de Saumede como un punto de convivencia cultural onde cada verán xestiona un festival multidisciplinar.

Da man do selo independente ourensán MOLHO, presentou dous discos: Proba de Son, en 2012, e Castro Verdi, a finais de 2018. Para este ano 2021 está prevista a presentación do seu novo traballo, en colaboración ca creadora visual Marta Verde, con moitas sorpresas e un novo doble formato.

Entre os seus recoñecementos, destaca a selección por Sofar Sounds na súa lista de mellores vídeos de 2019. Tamén en 2019, conseguiu varios premios como o Narf á mellor artista musical galega do ano, o Martín Códax á mellor artista electrónica do ano, o concurso de talentos da Universidade UNIA de Sevilla 2019 e, un ano despois, o de Estudos Mans 2020. Recentemente foi seleccionada para 2019/20 como artista do circuíto internacional do programa europeo de talentos INES Talent, KeyChange, Femnoise e Shesaidso.