HABANA CAFÉ SON

HABANA CAFÉ SON

Os ritmos de raíz tamén estarán presentes en Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22. Estes virán da man de Habana Café Son, un trío de música tradicional cubana que amenizará os domingos 15 e 22 de agosto.

Willy Mondeja (Tres Cubano), Amaury Quintero (Percusión) e Juan Eugenio Pérez (Contrabaixo) compoñen este animado trío experto en poñer todo o sabor latino ás súas actuacións. Este grupo de músicos cubanos consagrados conta cunha gran traxectoria artística, que aposta pola música tradicional cubana e fusión. Así, rescatan xéneros tan populares como o son, chachachá, bolero, guaracha o danzón, entre outros.

No seu repertorio refléxase a influencia de grandes compositores da música cubana como Compay Segundo, Enrique Jorrín ou Benny Moré. Os seus ritmos e alegría fan sempre que o público se anime a mover as cadeiras ó son da súa música. Ademais, para as dúas actuacións que ofrecerán en Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22 contarán ca participación de dous colectivos de baile (Academia Sondanza e Rai Colectivo Danzón) que se encargarán de transformar esta música en vistosas figuras e pasos.