Saltar ao contido

GO!GO!ZO!

Shulzdj

DJ SCHULZ

DJ SCHULZ

As sesións de música de Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22 contará tamén con DJ  Schulz. Nos seus sets inclúese un amplo abano de xéneros musicais (Indie, Pop, Rock, Electrónica, Nu  Wave,  Nu  Rave…), así como os xéneros musicais máis  bailables e divertidos.

A súa traxectoria comeza en dous pequenos pubs do pobo onde veraneaba. Xa na Coruña xorde a oportunidade de ser o DJ do  Milk Pub.

Tras picar en 2009 na Cara B, a carreira de DJ Schulz despegou en 2010 ao pasar por locais de tendencia  Indie. Entre eles, atópanse 14! Club, a Sala  Nordic (Praia Club) e  Blend Music Club, compartindo escenario con destacados artistas como  EME  DJ,  Mr  Mitsuhirato ou  Hal900  DJ.

En 2014 pica no Festival do Norte (Santiago) e nas festas post concerto de  Crystal  Fighters no  Kunsthalle e de  Delafe, As Flores Azuis e  Love  of  Lesbian no Praia Club (A Coruña). En 2015, ten a oportunidade de abrir LAPSO Music  Experience en Santiago. No verán dese mesmo ano, únese ao colectivo The Atlantic Side, xunto a outros grandes  DJs galegos. Xa en 2016 pecha a xornada do sábado no Atlantic Fest e a edición do  Sereas &  Piradas en agosto. Desde outubro de 2017 é DJ residente na Sala Inn Club.

Un consagrado artista que enriquece o cartel de Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22. Animámoste a velo en vivo e en directo o día 16 de xuño.