DJPopVoyage

DJ Pop Voyage

DJ Pop Voyage

Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22 ofrecerá tamén unha sesión de DJ Pop Voyage os días 14, 21 e 22 de agosto. Este é o alter ego de Raúl Santiago, que alterna a súa faceta de DJ coa de músico e xestor cultural. No primeiro caso, traballou en diferentes locais como Trapitos y Joyas (Santiago de Compostela) durante polo menos 2 anos poñendo electrónica, indie, funk, pop, jazz ou bossanova e en Retrovisor (Padrón), con sesións indie, pop ou rock.

Picou tamén en diferentes festivais como o Artenativa o Mundo Vermello. Ademais, participou en diferentes festas, inauguracións ou mercados chegando a reunir máis de 100 picadas.

No plano de músico, Raúl Santiago é fundador de Noise Project desde o 2004 ata o 2012 facendo post-rock/noise/ indie. O grupo tocou en diferentes espazos, desde a maioría de salas de toda Galicia como Sala Capitol (Santiago de Compostela), Mardigras (A Coruña) e festivais como Festival do Norte, Mundo  Vermello, Artenativa, Festas do Alvariño, etc.

Fundador de Músculo desde 2012 ata a actualidade, proxecto de música electrónica que se paseou polos festivais máis importantes de España, por exemplo:  BBK Live (Bilbao), Kutxa  Kulture (Donosti),  Low Festival (Benidorm),  Monkey Week (Porto de Santamaría,  Cadiz),  Let´ s Festival (Barcelona), Insólito Festival (Selecta), Atlantic Fest (Illa de Arousa) ou Sereas e Piratas (Razo, Carballo). Tamén tocaron noutras salas como: Kafé Antxokia (Bilbao), Razzmatazz (Barcelona), Mercado do Deseño (Matadero, Madrid), Sala Capitol (Santiago de Compostela), Sala Salamandra (Barcelona), Fábrica de Chocolate/Iguana (Vigo)…

Colaborou con diferentes músicos, grupos e DJs nos seus proxectos, xa sexan colaboracións ou remesturas.s