Saltar ao contido

GO!GO!ZO!

CimafunkWeb

Cimafunk

Cimafunk

Cimafunk será unha das grandes estrelas do festival Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22, co seu concerto do xoves 5 de agosto ás 21.30 horas. Este artista tivo un grande éxito internacional despois de apoderarse da escena musical de La Habana en 2018 coa súa exitosa canción “Me Voy”. Billboard incluiu ao showman caribeño coma un dos 10 mellores artistas latinos para ver en 2019, e o mundo ten a sorte de descubrir agora a música que ten posto a Cuba patas arriba. Gañador do premio Lucas ao vídeo musical máis popular e nomeado “Artista do ano” pola revista Vistar, Cimafunk ten creado un movemento en La Habana e en toda a illa, vendendo entradas con miles de fanáticos emocionados de bailar ao ritmo da música afro funk cubana.

O nome de Cimafunk fai referencia á súa herdanza coma ‘cimarrón’, cubanos de ascendencia africana que resistiron e escaparon da escravitude, así coma a esencia da súa música que busca subvertir os sons convencionais innovando con ritmos. Ao sacar o mellor dos ritmos e tradicións cubanas e infundir sons e estilos de África e os EE. UU., Cimafunk ten creado algo único e especial, non só en termos de música senón tamén cos valores que representa.

En 2019, Cimafunk esgotou as entradas en Washington DC, Miami, Chicago, Nueva Orleans, Los Ángeles, Brooklyn e Manhattan despois de robarse o show en SXSW en Austin, Texas. Pasou ese verán recorrendo México e Europa antes de regresar aos Estados Unidos para unha actuación no Central Park de Nueva York en SummerStage, seguido de tres datas de xira polos Estados Unidos con Alejandro Sanz, incluído nun espectáculo con entradas esgotadas no Madison Square Garden.

Cimafunk tamén organizou os actos de Nueva Orleans coa participación de grupos coma Tank and the Bangas ou Trombone Shorty en Cuba, para o “Getting Funky in Havana”, unha celebración dunha semana das conexións culturais entre Nueva Orleans e Cuba. O seu lanzamiento “El Potaje”, con Omara Portuondo, Chucho Valdés, Pancho Amat e a Orquestra Aragon foi nomeado por NPR como a mellor canción número 6.