Aviso Legal

A empresa Regulus Sistemas, SL, con domicilio social en Rúa Hedras, 6-2E, Milladoiro (Ames), Código Postal 15895, CIF B70490834 e con mail ola@gogozo.gal, pon a disposición no seu sitio web https://www.gogozo.gal determinados contidos de carácter informativo sobre as súas actividades.

As presentes condicións xerais rexen única e exclusivamente o uso do sitio web do festival Go! Go! Zo! Xacobeo 21-22 por parte dos/ as Usuarios/ as que accedan ao mesmo. As presentes condicións xerais expóñenselle ao/á usuario/a no sitio web https://www.gogozo.gal en todas e cada unha das páxinas e cada vez que un/ha Usuario/a introduce os seus datos nos formularios existentes, para que as lea, as imprima, arquive e acepte a través de internet, non podendo o/a Usuario/a introducir os seus datos efectivamente sen que producise esta aceptación. Ademais, o acceso ao sitio web https://www.gogozo.gal implica sen reservas a aceptación das presentes condicións xerais de uso que o Usuario/a afirma comprender na súa totalidade. O/A Usuario/a comprométese a non empregar o sitio web e os servizos que se ofrecen no mesmo para a realización de actividades contrarias á lei e a respectar en todo momento as presentes condicións xerais.

Condicións de Acceso e Uso

O emprego deste sitio web non conleva a obrigatoriedade de inscrición do/a Usuario/a, agás se este/a desexa empregar a base de datos de artigos existentes en https://www.gogozo.gal, onde será preciso que se rexistre cubrindo un formulario básico, esta subscrición rexerase polas condicións xerais específicas. As condicións de acceso e uso do presente sitio web réxense estritamente pola legalidade vixente e polo principio de boa fe comprometéndose o Usuario/a para realizar un bo uso da web. Quedan prohibidos todos os actos que vulneren a legalidade, dereitos ou intereses de terceiros: dereito á intimidade, protección de datos, propiedade intelectual, etc. Expresamente Regulus Sistemas, SL prohibe os seguintes:

Realizar accións que poidan producir no sitio web ou a través do mesmo por calquera tipo de dano aos sistemas de Regulus Sistemas, SL ou a terceiros.

Realizar sen a debida autorización calquera tipo de publicidade ou información comercial ou de forma encuberta, o envío de correos masivos (“ spaming”) ou envío de grandes mensaxes co fin de bloquear servidores da rede (“mail bombing”)

Regulus Sistemas, SL poderá interromper en calquera momento o acceso ao seu sitio web detectase un uso contrario á legalidade, a boa fe ou as presentes condicións xerais (ver cláusula final).

Contidos

Os contidos incorporados neste sitio web foron elaborados e incluídos por Regulus Sistemas, SL, empregando fontes internas e externas de tal maneira que Regulus Sistemas, SL faise responsable polos contidos elaborados de forma interna. Ademais, Regulus Sistemas, SL reservarase o dereito para modificar en calquera momento os contidos existentes no seu sitio web.

Dereitos de autor e marca

Regulus Sistemas, SL informa que o sitio web https://www.gogozo.gal, os contidos propios, a programación e o deseño da web atópanse plenamente protexidos polos dereitos de autor, quedando expresamente prohibida toda reprodución, comunicación, distribución e transformación dos referidos elementos protexidos excepto consentimento expreso de Regulus Sistemas, SL. Regulus Sistemas, SL emprega fontes externas para a elaboración dos seus contidos en determinadas ocasións e tamén establece ligazóns ou hiperenlaces a artigos ou informacións de terceiros citando sempre a fonte. O lexítimo titular dos dereitos de autor destas informacións así incluídas poderá solicitar en calquera momento a eliminación das referidas referencias.

Xurisdición e lei aplicable

As presentes condicións xerais réxense pola lexislación española. Son competentes para resolver toda controversia ou conflito que se derive das presentes condicións xerais os Xulgados de Santiago de Compostela renunciando expresamente o Usuario/a a calquera outro foro que puidese corresponderlle.

Cláusula final

No caso de que calquera cláusula do presente documento sexa declarada nula, as demais cláusulas seguirán vixentes e interpretaranse @teniendo en cuenta a vontade das partes e a finalidade mesma das presentes condicións. Regulus Sistemas, SL poderá non exercitar algún dos dereitos e facultades conferidos neste documento, o que non implicará en ningún caso a renuncia aos mesmos excepto recoñecemento expreso por parte de Regulus Sistemas, SL.