Ao redor de 200 persoas déronse cita onte en Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22 para participar nunha Masterclass de Zumba

Masterclass Zumba

Ao redor de 200 persoas achegáronse onte á tardiña ao festival  Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22 para gozar dunha  Masterclass de Zumba. O recinto converteuse nunha clase ao aire libre marcada polos pasos de catro monitores especializados procedentes de distintas localidades.

Dirixidos por Ana Martínez, da escola  Pasito de baile de Santiago, Bruno Hermida (Pontecaldelas),  Priscila Dance (A Estrada) e Fran Mourelos (O Grove) ofreceron unha completa sesión de baile e boa música. Unha cita que tivo no escenario á pequena  Saloa que se uniu ao equipo de profesionais que amenizou o atardecer no recinto de Monte  do Gozo.

Previamente, e dentro da sección de  Catividades, os pequenos gozaron dunha refrescante festa da espuma. Esta actividade correu a cargo da  Gramola  Kids, encargada de desenvolver o programa infantil de  Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22.

Fiesta Espuma GoGoZo

Citas para a fin de semana

O programa do festival en Monte  do Gozo continúa esta noite co concerto que protagonizará a consagrada banda Moura, ás 22.30 horas. Esta actuación complementarase con dúas sesións a cargo de  Rapariga  DJ -ás 21.00 e 23.50 horas-, que foi a encargada de inaugurar o festival o pasado 14 de xullo.

A entrada é gratuíta, aínda que se require reserva previa, por motivos de aforo e en aplicación dos protocolos de seguridade e prevención fronte á COVID-19. Esta deberase formalizar a través da web www.gogozo.gal.

A música continuará mañá pola tarde, cunha nova sesión de  DJ Pop  Voyage. O pica discos ofrecerá estilos tan variados como a música electrónica,  indie,  funk, pop, jazz ou  bossanova, pasando tamén polo rock.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *