ALOXAMENTO

Alojamiento
alojamiento

Se te queres esquecer do coche e gozar de Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22 coa máxima tranquilidade, ofrecémosche a opción perfecta! Alóxate nas instalacións do albergue Benvido Monte do Gozo. Está situado no mesmo recinto onde se desenvolverán os distintos espectáculos.

Se reservaches tamén a túa entrada para as actuacións que se desenvolverán dentro do Son do Camiño Perseidas, aproveita a ocasión para durmir neste albergue. Tes á túa disposición habitacións tanto privadas como compartidas. Así, poderás gozar do teu propio espazo se ves tanto en grupo como en parella ou mesmo pola túa conta. No primeiro caso, atoparás desde estancias para dúas persoas ata para 4. Todas elas contan con baño privado. No segundo, compartirías habitación con outras persoas que escolleron este enclave para descansar tras un longo camiño ou, como ti, para gozar dunha experiencia conxunta aproveitando as actuacións musicais que haberá no recinto.

A maiores, poderás solicitar -a condición de que haxa dispoñibilidade- o servizo de late check-out. Deste xeito, aseguraraste o descanso sen estar pendente do reloxo. E se te esqueces de algo, na praza deste recinto atoparás distinto tipo de tendas onde poderás realizar compras de última hora. Todo ao teu alcance!

Aproveita as vantaxes que che ofrece o albergue Benvido Monte do Gozo e realiza o teu reserva canto antes para asegurar o planazo!