academia sondanza

Academia Sondanza

Academia Sondanza

Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22 ofrecerá tamén dúas exhibicións de bailes latinos. Unha delas, a do domingo 15 de agosto, virá da man da Academia Sondanza de Santiago.

Neste centro dedícanse a formar a todo tipo de persoas e de todas as idades nesta distintas disciplinas do mundo da danza. Para participar nas súas diferentes clases só fai falla ter ganas de namorarse da danza e desfrutar do baile deixando a un lado a inseguridade e a vergonza.

As inscricións para as clases do próximo curso xa se atopan abertas, tanto para nenos como para adultos. Nas novas sesións, e dada a melloría da situación sanitaria, xa se poderá volver a bailar en parella.

Sondanza está dirixida por Raquel Pombar, que tamén se encarga de impartir as clases de ritmos afrolatinos, pilates e zumba. Conta cunha experiencia de máis dunha década como profesora e foi coreógrafa da compañía amateur Güiro e Bongó.

A disciplina de Danzas urbanas e Heels correo a cargo de Agarimo Guerra, que competiu durante tres anos nun grupo na categoría absoluta de danzas urbanas. Actualmente, compatibiliza a súa labor docente cunha formación continua en diversos campos.

Completa o profesorado de Sondanza Artur Lago, especializado en Break Dance. Conta cunha ampla experiencia en competicións nacionais e internacionais e completou o seu perfil profesional introducíndose na danza contemporánea.

Ademais, a Academia Sondanza leva o baile á calle a través da organización de eventos especiais. De forma puntual, tamén organizan outras actividades como cursos con profesores externos ou proxeccións de documentais e películas sobre a danza ou charlas teóricas con músicos ou DJs. Todo para que os alumnos se somerxan na danza dunha forma orgánica e cómoda dende todos os puntos de vista.

A partires do vindeiro curso, que dará comezo este mes de setembro, incorporarase Nadia Rilo ao profesorado da Academia Sondanza. Orixinaria de Bos Aires, leva en Compostela dende a súa adolescencia. Hai 13 anos especializouse en diferentes estilos de Danza Oriental. Asistiu a diferentes seminarios en Madrid, Portugal e en diferentes cidades de Galicia con mestres de prestixio como Julia Farid, Oxana Bazaeva, Artem Uzunov, Luz El Khazen, Esmeralda Colabone, Yolanda Nahid ou Rebecca Hanun, entre outros. Tamén participa dende hai varios anos en espectáculos de Cabaré e Burlesque da compañía Bolboretas de A Coruña. Leva 7 anos traballando como mestra de Danza do Ventre en diferentes escolas de Compostela, recalando este curso na Academia Sondanza.   

IR A LA WEB