Foto Abelvision

ABELVISION DJ

Abelvision DJ

As sesións musicais de Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22 serán tamén protagonizadas por Abelvision DJ. O seu estilo picando caracterízase pola mensaxe que transmite a través das súas seleccións musicais e procura incesante do groove mediante un eclecticismo salvaxe, pero elegante. A súa sesión terá lugar o día 7 de agosto.

A súa inquietude musical xurdiu no ano 2003. Ata entón, só escoitara música electrónica, pero en Radio Kalimera -unha emisora pirata de Compostela- descubriu a Louis Amstrong. Esa música atrapouno de tal maneira que, ao día seguinte, adquiriu o seu primeiro disco de jazz: Louis Amstrong & Duke  Ellington  The  Great  Summit  the  Master  Take.

O jazz levouno a outros estilos como blues, soul,  funk, disco,  latin ou música  afroamericana. Ao pouco tempo, empezou a picar en Compostela. As súas primeiras sesións soaron en locais de referencia como O Curruncho, Ultramarinos, A Reixa e A Radio ata que consegue a súa primeira residencia na  Medusa durante dous anos.

O seu peculiar estilo levouno a picar en clubs como o Ondarra Club, A Caixa Negra, Muddys Radio Bar, Beat Club, Etxecalte, Be  Bop, 7 Flores. Tamén puxo música en espectáculos teatrais, como Palabras que habitan corpos, ou en festivais como o Slap Indoor, ademais de residencias en Kunsthalle. Actualmente, é residente no Riquela Club de Santiago.