gramola kids

La Gramola Kids

La Gramola Kids

La Gramola  Kids (ou  Gramokids) está especializada en actividades de lecer para os máis pequenos da casa. Ademais de amenizar todo tipo de eventos con propostas en grao sumo variado, tamén organizan campamentos de verán e outros programas específicos de conciliación.

Dentro do festival Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22 organizan un programa específico infantil de propostas dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 14 anos. As actividades desenvolveranse os días 5, 17, 19, 24 e 26 de agosto, en horario de 18.00 a 21.00 horas, e o 2, 7 e 9 de setembro, entre as 17.00 e as 20.00 horas.

Todas estas propostas son de carácter gratuíto. As persoas interesadas en inscribir aos seus fillos/ as deberán achegarse o propio día polo recinto do festival. Á beira do escenario procederán á inscrición -as prazas adxudícanse por orde de chegada-.