LOGO acasadorock

A CASA DO ROCK

A CASA DO ROCK (Combos)

Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22 aposta claramente polas novas promesas da música. Por iso, A Casa do Rock contará con varias sesións durante este verán, ofrecendo os seus completos Combos.

A Casa do Rock é un centro de formación musical, un estudo de gravación e un selo discográfico. Xurdiu en 2011 a través da asociación de dous músicos e mestres galegos cun dobre obxectivo: crear un espazo onde pasalo ben aprendendo e aprender tocando.

Na súa oferta formativa inclúense máis de dez instrumentos -guitarra, batería, baixo, canto, violín, piano, gaita…-. As clases impártenas docentes con anos de experiencia en distintos ámbitos e que buscan responder as necesidades do alumnado. Ademais, A Casa do Rock ofrece a posibilidade de examinarse oficialmente para as certificacións RockSchool.

Do mesmo xeito, o estudo de gravación e o seu persoal técnico acompañará a todas aquelas persoas que queiran producir desde unha maqueta ata álbums completos. Tamén se inclúe asesoramento no proceso creativo musical.

Pola súa banda, as clases de Combo favorecen a aprendizaxe directamente relacionada co traballo do músico en contextos grupais. Ademais dos coñecementos técnicos de base, anímase ao alumnado para actuar como acompañante ou solista, favorecendo a interacción con outros músicos e a comprensión global do instrumento e da música. Precisamente estas novas promesas serán as que protagonicen as xornadas do 20 e 27 de xullo, ás 21.30 e ás 22.00 horas, respectivamente.