slider 1
slider 1
slider 1
previous arrow
next arrow

GO!GO!ZO! XACOBEO 21-22 O TEU FESTIVAL NO MONTE DO GOZO

Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22 ofrece unha completa programación cultural deseñada para que toda a familia poida gozar de actuacións musicais, sesións DJ ou espectáculos para a cativada. Trátase dunha alternativa de lecer e situada en Monte do Gozo, nunha ampla contorna natural, de fácil acceso rodado e cun espazoso aparcamento, pero con transporte público a tiro de pedra e a un paso camiñando (quizais dous) do centro de Santiago de Compostela.

Haberá música en directo de bandas consagradas, pero tamén daquelas que queren dar os seus primeiros pasos na industria. Actividades infantís polas tardes e DJs polas noites enriquecen tamén un programa que complementa a Son do Camiño- Perseidas, un festival que terá lugar a escasos metros e do que Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22 será unha especie de escenario alternativo a esta cita.

Non é só un festival. Non é só un viveiro de artistas. Non é só música en directo. Non é só teatro. Non é só lecer e gastronomía. É moito máis. É Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22.

OS NOSOS ARTISTAS

PROGRAMACIÓN XULLO

  • 14 JUL
  • 15 JUL
  • 16 JUL
  • 17 JUL
  • 20 JUL
  • 22 JUL
  • 24 JUL
  • 27 JUL
  • 29 JUL
  • 30 JUL
Rapariga

17:00 HORAS

Con Cristina Pontanilla realizarás un completo repaso aos grandes clásicos -desde soul, rock, punk…- para finalizar coa música disco e electro. Un repertorio do más variado.

La gramola

17:00 HORAS

Sesións DJ con música para todos os gustos e actividades para os máis pequenos da casa centrarán as propostas que La Gramola ten preparadas para este verán.

Shulz

16:00 HORAS

Os seus sets inclúen un gran abano de xéneros musicais (Indie, Pop, Rock, Electrónica, Nu Wave, Nu Rave), así como outros ritmos máis bailables e divertidos para pasar unha velada do máis amena.

La gramola

17:00 HORAS

Sesións DJ con música para todos os gustos e actividades para os máis pequenos da casa centrarán as propostas que La Gramola ten preparadas para este verán.

A Casa do Rock

21:30 HORAS

Este centro de formación musical, estudo de gravación e selo discográfico mostrará a través dos seus Combos o talento das novas promesas do panorama artístico.

Saya Dj

18:30 HORAS

A súas sesións están marcadas por “músicas do mundo”, repletas de xéneros como afrobeats, afropop, afrohouse y afrotrap, dabke árabe, funk brasileiro, reggaeton, kuduro, gqom, amapiano, etc.

Shulz

17:00 HORAS

Os seus sets inclúen un gran abano de xéneros musicais (Indie, Pop, Rock, Electrónica, Nu Wave, Nu Rave), así como outros ritmos máis bailables e divertidos para pasar unha velada do máis amena.

A Casa do Rock

22:00 HORAS

Este centro de formación musical, estudo de gravación e selo discográfico mostrará a través dos seus Combos o talento das novas promesas do panorama artístico.

Shulz

17:00 HORAS

Os seus sets inclúen un gran abano de xéneros musicais (Indie, Pop, Rock, Electrónica, Nu Wave, Nu Rave), así como outros ritmos máis bailables e divertidos para pasar unha velada do máis amena.

Shulz

17:00 HORAS

Os seus sets inclúen un gran abano de xéneros musicais (Indie, Pop, Rock, Electrónica, Nu Wave, Nu Rave), así como outros ritmos máis bailables e divertidos para pasar unha velada do máis amena.

PROGRAMACIÓN AGOSTO

  • 1 AGO
  • 5 AGO
  • 7 AGO
  • 8 AGO
  • 10 AGO
  • 12 AGO
  • 13 AGO
  • 14 AGO
  • 15 AGO
  • 17 AGO
  • 19 AGO
  • 20 AGO
  • 21 AGO
  • 22 AGO
  • 24 AGO
  • 26 AGO
  • 27 AGO
  • 28 AGO
Rapariga

18:00 HORAS

Con Cristina Pontanilla realizarás un completo repaso aos grandes clásicos -desde soul, rock, punk…- para finalizar coa música disco e electro. Un repertorio do más variado.

GramokidsGoGoZoFestival

17:30 a 20:30 HORAS

La Gramola Kids ofrece actividades para nenos e nenas de entre 3 e 14 anos. Nesta xornada ofrecerase a proposta titulada ‘Aventura no Monte do Gozo: busca do tesouro segredo’.

Cimafunk

21:30 horas (apertura de portas) - 22:00 HORAS (comezo do show)

É unha das sensación internacionais dos últimos anos e destaca polo seu peculiar estilo que combina funk con outros ritmos como rumba ou cha-cha-chá.

Abel Vision

17:00 HORAS

O seu estilo caracterízase pola mensaxe que transmite a través das súas seleccións musicais e a procura incesante do groove mediante un eclecticismo salvaxe, pero elegante.

La gramola

17:00 HORAS

Sesións DJ con música para todos os gustos e actividades para os máis pequenos da casa centrarán as propostas que La Gramola ten preparadas para este verán.

Dani Barreiro

20:00 HORAS

Un espectáculo para todos os públicos e cun ecléctico repertorio. Esta banda promete converter a súa actuación en toda unha festa irradiando felicidade polos catro costados.

Dani Barreiro

20:00 HORAS

Un espectáculo para todos os públicos e cun ecléctico repertorio. Esta banda promete converter a súa actuación en toda unha festa irradiando felicidade polos catro costados.

amigos dos musicos

23.15 HORAS

É unha das bandas galegas máis veneradas pola crítica. Os seus temas tentan reflexar a herdanza folk galega aportando a súa propia personalidade, creando unha música chea de contemporaneidade.

Allova

21.30 HORAS (apertura de portas) - 22.00 HORAS (concerto)

Un proxecto vangardista de música Indie/Pop-Electrónico con toques de Trip- Hop, que che ofrecerá unha orixinal mestura de sons electrónicos e beats cos sons acústicos dos instrumentos e a voz.

DJPopVoyage

18:30 HORAS

DJ Pop Voyage traballou en diferentes locais de Santiago e comarca como picadiscos. Nas súas sesión atoparanse estilos tan variados como a música electrónica, indie, funk, pop, jazz o bossanova, pasando tamén polo rock.

DJPopVoyage 2

13:00-15:00 HORAS

Habana Café Son

15:00-16:30 HORAS

Un trío de músicos consagrados que apostan pola música tradicional cubana e fusión. No seu repertorio rescatan xéneros tan populares como o son, chachachá, bolero, guaracha ou danzón.

academia sondanza

15:00-16:30 HORAS

Alumnado deste centro compostelán especializado en danza, e dirixido por Raquel Pombar, ofrecerá unha exhibición de baile. Unha pequena mostra de todo o que se pode aprender nas súas clases.

GramokidsGoGoZoFestival

18:00 a 21:00 HORAS

La Gramola Kids ofrece actividades para nenos e nenas de entre 3 e 14 anos. Nesta xornada ofrecerase a proposta titulada ‘Día de inchables e xogos predeportivos’.

GramokidsGoGoZoFestival

18:00 a 21:00 HORAS

La Gramola Kids ofrece actividades para nenos e nenas de entre 3 e 14 anos. Nesta xornada ofrecerase a proposta titulada ‘Clowns e malabares (obradoiros e actividades)’.

oh ayatollah

22:30 HORAS

Esta banda compostelá reclama a ampla etiqueta pop como propia, apelando á sinxeleza, así como afastarse da diferenciación demasiado específica que consiga desvirtuar a súa mensaxe e a súa música.

rafa morcego

21:00 HORAS (apertura de portas) - 21.15 HORAS (primeira sesión) - 23.40 HORAS (segunda sesión)

Rafa Morcego pisou distintos eventos para amenizar ao seu público con surf, garage, soul, jazz, blues, funk, beat, punk, ska, pop, disco, e sobre todo con rock & roll. Unha gran variedade musical para mover os pes do sitio escoitando variados estilos musicais.

Alberto Montero

22:30 HORAS

O consagrado artista, a cabalo entre o folk e os sons cálidos e psicodélicos, trasladará ao público co seu peculiar diario de viaxe, movéndose con sixilo e elegancia entre as súas cancións.

DJPopVoyage

21:00 HORAS (apertura de portas) - 21:15 HORAS (primeira sesión) - 23:40 HORAS (segunda sesión)

DJ Pop Voyage traballou en diferentes locais de Santiago e comarca como picadiscos. Nas súas sesión atoparanse estilos tan variados como a música electrónica, indie, funk, pop, jazz o bossanova, pasando tamén polo rock.

DJPopVoyage 2

20:00-21:30 HORAS

DJ Pop Voyage traballou en diferentes locais de Santiago e comarca como picadiscos. Nas súas sesión atoparanse estilos tan variados como a música electrónica, indie, funk, pop, jazz o bossanova, pasando tamén polo rock.

Habana Café Son

20:00-21:30 HORAS

Un trío de músicos consagrados que apostan pola música tradicional cubana e fusión. No seu repertorio rescatan xéneros tan populares como o son, chachachá, bolero, guaracha ou danzón.

Ray Isaac - Colectivo Danzón

20:00-21:30 HORAS

Especializado en clases de baile, este colectivo, liderado por Ray Isaac, ofrecerá unha exhibición dos pasos e coreografías que se poden aprender durante as clases que imparten cada curso.

GramokidsGoGoZoFestival

18:00 a 21:00 HORAS

La Gramola Kids ofrece actividades para nenos e nenas de entre 3 e 14 anos. Nesta xornada ofrecerase a proposta titulada ‘Gymkana fotográfica e auga’.

GramokidsGoGoZoFestival

18:00 a 21:00 HORAS

La Gramola Kids ofrece actividades para nenos e nenas de entre 3 e 14 anos. Nesta xornada ofrecerase a proposta titulada ‘Ruta de sendeirismo e festa da escuma’.

ZumbaOkGoGoZoXacobeo

20:30 a 22:00 HORAS

Masterclass de Zumba

A escola Pasito de Baile de Santiago organiza esta Masterclass gratuíta de Zumba Fitness, que durará hora e media. Nela participarán un total de catro monitores especializados.

Moura

22:30 HORAS

O seu concerto mergullarache no seu particular aquelarre, á súa néboa  psicodélica progresiva con raíz folk e mitoloxía galaica, empregando a lingua galega como voz ritual comunal que persegue o transo colectivo.

Rapariga

20:45 HORAS (apertura de portas) - 21:00 HORAS (primeira sesión) - 23:50 HORAS (segunda sesión)

Con Cristina Pontanilla realizarás un completo repaso aos grandes clásicos -desde soul, rock, punk…- para finalizar coa música disco e electro. Un repertorio do más variado.

DJPopVoyage 2

19:00-22.30 HORAS

DJ Pop Voyage traballou en diferentes locais de Santiago e comarca como picadiscos. Nas súas sesión atoparanse estilos tan variados como a música electrónica, indie, funk, pop, jazz o bossanova, pasando tamén polo rock.

PROGRAMACIÓN SETEMBRO

  • 2 SEP
  • 3 SEP
  • 4 SEP
  • 18 SEP
  • 19 SEP
GramokidsGoGoZoFestival

17:00 a 20:00 HORAS

La Gramola Kids ofrece actividades para nenos e nenas de entre 3 e 14 anos. Nesta xornada ofrecerase a proposta titulada ‘Música, danza e karaoke infantil’.

Mounqup

22:30 HORAS

Artesá do son, combina nos seus concertos os ritmos da música jazz, electrónica e folk, creando composicións que funcionan como un collage de texturas, formas e cores.

Saya Dj

21:00 HORAS (apertura de portas) - 21:15 HORAS (primeira sesión) - 23:40 HORAS (segunda sesión)

As súas sesións están marcadas por “músicas do mundo”, repletas de xéneros como afrobeats, afropop, afrohouse y afrotrap, dabke árabe, funk brasileiro, reggaeton, kuduro, gqom, amapiano, etc.

DJPabsGoGoZo

DE 19:00 A 20:00 HORAS

DJ Pabs

Pablo Nogueira, máis coñecido como Dj Pabs, é unha das novas facianas da música urbana en Galicia. Con residencia no “café-bar Playa Fluvial” e ampla experiencia en eventos de todo tipo desde 2017, DJ Pabs crea sesións enérxicas nas que as gañas de bailar serán as protagonistas.

a casa do rock

DE 09.00 a 13:00 HORAS

A Casa do Rock celebrará o seu décimo aniversario en Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22 cunha actuación masiva. Máis de 500 músicos xuntaranse para tocar parte de Rocking in the Free World de Neil Young. A inscrición para participar está aberta ata o 26 de agosto e debe formalizarse nesta ligazón: https://acasadorock.com/10aniversario

DJPopVoyage 2

DE 18.00 a 22:00 HORAS

A tarde do sábado estará protagonizada por Pop Voyage DJ e Aveces DJ, alter ego de Alexandre Chorén Campaña. Ambos os dous picadiscos ofrecerán unha completa sesión musical ‘man a man’ para pasar uns intres do máis divertidos e acompañados pola mellor música.

SaraMoraDJGoGoZo

DE 22.00 a 00:30 HORAS

Sara Mora DJ espertou a súa paixón polos distintos sons da electrónica que mesturaban os artistas de finais dos 90. A súa paixón por este xénero levouna a experimentar como DJ, depurando a súa técnica e salientando por un estilo totalmente arrollador. Eclética, con carácter e moita personalidade, ofrecerá unha sesión inesquecible en Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22.

DJPabsGoGoZo

17:00 a 21:00 HORAS

Pablo Nogueira, máis coñecido como Dj Pabs, é unha das novas facianas da música urbana en Galicia. Con residencia no “café-bar Playa Fluvial” e ampla experiencia en eventos de todo tipo desde 2017, DJ Pabs crea sesións enérxicas nas que as gañas de bailar serán as protagonistas.

PROGRAMACIÓN DESCARGABLE