Saltar ao contido

GO!GO!ZO!

ParedesDeCoura02

Escola do Rock Paredes de Coura

Escola de Rock Paredes de Coura

Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22 contará o 22 de xuño ás 22.00 horas coa actuación do alumnado e profesorado da Escola do Rock Paredes de Coura.

Esta academia portuguesa naceu en 2014, na terra do icónico Festival Paredes de Coura, contribuíndo ao fomento deste xa clásico romance entre a vila e o rock’n’roll. Decorre en períodos de curta duración, nun formato de residencia artística con actividades que varían entre ensaios, formacións, sesións de cinema, concertos e moito máis. 

Todos os anos, a Escola do Rock organiza un tour con concertos en condicións inéditas para o alumnado e profesorado, reunindo a todas as persoas participantes no escenario. Os grupos da Escola do Rock xa actuaron en moitos festivais, así como en algunhas das mellores salas de espectáculo de Portugal e Galiza, como: Festival Vodafone Paredes de Coura, Serralves em Festa (Museu de Serralves, Porto), Verão na Casa (Casa da Música, Porto), SURFING THE LEREZ (Pontevedra, Galiza), NOS Primavera Sound (Porto), Hard Club Porto, Auditório Municipal de Vigo, Fundación Barrié (Vigo), entre outros.