Saltar ao contido

GO!GO!ZO!

DJSessionsGoGoZo

DJ Sessions

DJ Sessions

O Festival Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22 acollerá o vernes 16 de setembro as DJ Sessions a cargo de tres picadiscos: DJMoe, Saya e Juait. Poderás gozar dos ritmos máis variados entre as 19.00 e as 01.00 horas.

DjMoe

DjMoe non é un recentemente chegado a isto da música, non en balde están a piques de cumprirse os seus máis de trinta anos na escena musical galega. As súas sesións eclécticas fannos un percorrido polos clásicos e os temas máis actuais da música; unha variedade de estilos nas súas sesións que non che deixarán indiferente. Este verán estivo compartindo escenario con artistas tan variados como Sex Museum, Tanxugueiras, Xoél, Bizarrap, Kiko Veleno, etc.

Saya

Saya autodefínese como unha artista multipotencial, investigadora musical e activista antirracista. DJ multixénero, influenciada pola súa orixe palestina e os diversos mundos culturais e artísticos que a rodean. As súas sesións están marcadas por ritmos e sons de raíz, con xéneros que van desde os afrobeats á electrónica experimental árabe, kuduro, batida, gqom, ou amapiano. Nelas, crea un espazo de coidados, resistencia e celebración das disidencias, e nos recorda que a loita antirracista tamén é posible a través da música.

Juait

Juait procede da costa atlántica galega. Musicalmente influenciado en gran parte pola illa británica ao norte e polo veciño Portugal ao sur, as súas producións e sets, sen etiquetas, caracterízanse pola influencia dos ritmos rotos, o breakbeat, electro, hard drum e a escena club máis arriscada.